jueves, 30 de enero de 2014

O recuncho do lector

http://www.elboomeran.com/upload/ficheros/obras/los_huesos_de_descartes.pdf

Un día do inverno de 1650, en Estocolmo, René Descartes foi soterrado lonxe do seu fogar. Dezaseis anos despois, o embaixador francés exhumou secretamente os seus osos e levounos a Francia. O misterio non fixo senón comezar. Os osos de Descartes seguiron un estraño periplo durante os seguintes 350 anos. A historia destas insólitas reliquias involucra ás personaxes más diversas que empregaron os osos para os seus estudos científicos; roubáronnos, vendéronnos, pelexaron por eles e foron pasándoos de man en man.
Novela de misterio e ensaio filosófico sobre a figura dun dos máis importantes filósofos da modernidade. Unha obra de Russell Shorto que non debedes deixar de ler.

martes, 28 de mayo de 2013

Materiais de selectividade


Aos materiais xa subidos ao blogue de RESUMOS  engadimos os seguintes:

1. Exames resoltos de DESCARTES_Meditación 2a: Da natureza do espírito humano, e de que é máis doado de coñecer que o corpo (ver Telleirando A6 2012-13)
Laura Formoso
Lucía Patricia
Melody
2. Exame resolto de ARISTÓTELES_Física II-3 194b16-195a3  (ver Telleirando A5 2012-13)

Laura Formoso
3. Resumos de Melody (sen influencias posteriores):
Unidade 4: Descartes, Locke, Hume.
Unidade 5: Kant (require algunha ampliación)
4. Exame resolto de HUME_Investigación sobre o coñecemento humano, Sec. IV. Dúbidas escépticas acerca das Operacións do Entendemento; Parte I.  por Tamara Rodríguez
Exame
Solución
5. Exames resoltos:
KANT_Resposta á pregunta:¿Que é ilustración?
LOCKE_Dous Tratados sobre o goberno. (1.680-1.690). L.II: Sobre a verdadeira orixe, alcance e fins do Goberno Civil. Cap.2: Sobre o estado de Natureza.
KANT_Fundamentación da metafísica dos costumes, 1ª Sec.: Tránsito do coñecementoracional moral ordinario ó filosófico; pp. 393-401
KANT_Crítica da razón práctica (1788); Parte 1a: Doutrina elemental da razón práctica. L.I:Analítica da razón práctica pura; Cap-I: Dos principios da razón práctica pura. §8 Teorema IV.
KANT_Crítica da razón pura, (A51/B75-A52/B76) I.Doutrina trascendental dos elementos, 2a parte: A lóxica trascendental.

domingo, 1 de enero de 2012

Unidade 3: AGOSTIÑO e TOMÉ


1ª Parte: Cuestión contextual (2,5)     
  1. Helenismo: filosofía e cristianismo.
  2. As novas ideas fronte ao mundo grego.
  3. A noción de escolástica e o nacemento da universidade.
  4. A recepción de Aristételes: Averroes e o averroismo latino.
  5. Contextualización: 
    1. Agostiño 
    2. Tomé
2ª Parte: Comprensión (6)                             
  1. O problema entre razón e fe en Santo Agostiño e San Tomé.
  2. Lei divina, lei natural e lei positiva en San Tomé.
3ª Parte: Cuestión transversal (1,5)                                                  

    1. Influencias posteriores.